Saturday 11 de May de 2024

20 días naturais para poder concorrer no proceso selectivo para unha praza en propiedade na Policía Local de Riveira


O Concello de Riveira informa do inicio do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de policía local (funcionario de carreira).
Os interesados poden presentar as súas solicitudes nun prazo de 20 días naturais contados a partir de hoxe (onte foi publicado no BOP). O sistema de selección é o de oposición libre.
O procedemento de selección constará de cinco exercicios, obrigatorios e eliminatorios cada un deles, de xeito que non poderán pasar ao seguinte os aspirantes que non tivesen alcanzado a cualificación mínima establecida para cada un deles e pola orde que se sinala a continuación, tendo en conta que desde a finalización dunha proba ata o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de corenta e oito horas.
Os exercicios son: proba de coñecementos, proba de coñecementos da lingua galega, probas de actitude física, probas psicotécnicas e recoñecemento médico.
As bases da convocatoria e o modelo de solicitude de participación están publicados no taboleiro de anuncios da páxina web municipal.

Auxiliares
Cómpre lembrar que tamén está aberto o prazo de presentación para a contratación laboral de 12 auxiliares de Policía Local ao longo do 2017. O prazo rematará o vindeiro luns 6 de febreiro.